InicioPolíticaO BNG critica a venda do grupo Ribera a unha multinacional francesa...

O BNG critica a venda do grupo Ribera a unha multinacional francesa e pide á Xunta que compre Povisa

Pide ao Goberno galego que "acabe coa anomalía" que supón que case a metade da poboación da área sanitaria sexa atendida nun hospital privado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, criticou a venda do Grupo Ribera (propietario de tres hospitais galegos –Ribera Povisa, Ribera Polusa e Ribera Juan Cardona–) á multinacional francesa Vivalto Santé, polo que pediu á Xunta que compre o hospital Povisa de Vigo, que atende a máis de 130.000 pacientes da área sanitaria viguesa a través do concerto co Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Así o sinalou Prado este xoves tras reunirse en Santiago de Compostela con representantes do comité de empresa de Povisa, onde recoñeceu que se decatou a través dos medios de comunicación de que Centene Corporation sairá do accionariado do grupo Ribera ao vender o 90% das accións da compañía ao terceiro grupo sanitario francés.

A nacionalista solicitou ao Goberno galego que “acabe coa anomalía” que supón, ao seu xuízo, que case a metade da poboación da área sanitaria de Vigo sexa atendida nun hospital privado.

Para Prado, a operación de venda “compromete un dereito irrenunciable” como é o dereito á saúde, polo que insistiu en que a Xunta adquira o hospital Povisa e o integre na rede pública sanitaria.

“O Goberno do PP, no canto de traballar para facilitar o negocio privado da sanidade, debe traballar para comprar este hospital e integralo na rede sanitaria pública para que o 100% da poboación teña atención pública sanitaria”, reivindicaron desde o Bloque.

Neste sentido, os nacionalistas lembraron que o principal activo de Povisa é o seu concerto co Sergas, polo que un 80% da súa facturación anual, que supera os 100 millóns de euros, “son con cargo aos impostos dos galegos”.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...