InicioEconomíaZona Franca investirá 74 millóns na área de Vigo en 2023

Zona Franca investirá 74 millóns na área de Vigo en 2023

A ampliación do PTL de Valladares, o polígono da Pasaxe de Vincios ou o World Car Center atópanse entre as principais partidas.

PUBLICADO O

O Consorcio da Zona Franca de Vigo aprobou no seu pleno deste mércores os orzamentos do ano 2023, onde se proxectan investimentos por valor de 74 millóns de euros na área de Vigo, coa ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL) de Valladares ou do polígono da Pasaxe de Vincios, entre as principais partidas.

Tal como recolle a Zona Franca nun comunicado, a entidade proxecta ata 276 millóns de euros de investimento para o próximos catro anos, cos que afrontar o futuro económico máis inmediato de Vigo e a súa área de influencia. Estas cantidades inclúen investimentos en infraestruturas e servizos para empresas, potenciación de novos negocios e do comercio internacional e actuacións urbanas propostas polo delegado do Estado, David Regades.

“Os investimentos previstos por Zona Franca axudarán ao fortalecemento da economía e a creación de emprego, para apontoar o necesario crecemento nunha contorna internacional complexo. Para iso, contemplamos a ampliación de chan industrial, tan necesario para a área de Vigo, así como proxectos que beneficiarán tanto aos sectores básicos da economía da zona, como aos novos proxectos e emprendedores”, reivindicou Regades.

A ampliación do PTL de Valladares (con máis de 10,3 millóns), o polígono da Pasaxe de Vincios (10,1 millóns) ou o World Car Center (12,2 millóns) atópanse entre as principais partidas dos orzamentos para o ano 2023. Entre outros gastos para chan industrial atópanse os 6,6 millóns de euros para mellores no polígono de Balaídos, así como outros 2,9 millóns para melloras no polígono de Bouzas. A iso súmase unha partida de 8,5 millóns para actuacións en eficiencia enerxética en parques empresariais.

“En varias actuacións pódese apreciar nos orzamentos plurianuais que en 2023 se comeza con pequenas partidas como semente e preparación de grandes obras que logo chegan a requirir grandes investimentos, como o caso do Circuíto de Probas, a ampliación do polígono de Balaídos ou a planta de produción de semicondutores, que xa aparece nos orzamentos”, explicou Zona Franca. Sobre esta última, calcúlase que para 2024 investiranse 8 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...