InicioEconomíaO aeroporto de Vigo, pechado durante unha hora polo impacto dun raio

O aeroporto de Vigo, pechado durante unha hora polo impacto dun raio

Afectou os aparellos do servizo meteorolóxico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Vigo estivo pechado durante unha hora na tarde deste venres tras rexistrarse o impacto dun raio nos aparellos do servizo meteorolóxico de Peinador, que dá información aos avións que van aterrar ou a despegar do mesmo.

Segundo confirmaron fontes de Aena, o impacto dun raio nos equipos de meteoroloxía do aeródromo vigués provocou o peche da terminal durante unha hora.

Desta maneira, producíronse algúns atrasos nos voos que estaban planeados durante ese período de tempo. Con todo, o aeroporto xa volve estar operativo e funciona con normalidade.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...