InicioSociedadeO Sergas investirá 150.000 euros na nova Unidade de Enfermidades Raras do...

O Sergas investirá 150.000 euros na nova Unidade de Enfermidades Raras do Cunqueiro

Este anuncio súmase ás licitacións informadas o pasado mes de maio da obra da nova Unidade de Necropsias e o proxecto de reforma de Hospitalización a Domicilio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou a licitación da obra da Unidade Funcional Multidisciplinar de Enfermidades raras no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por un importe de máis de 151.000 euros.

Tal como indicou a Xunta nun comunicado, o Goberno galego continúa así avanzando no seu compromiso de realizar un investimento de 5,7 millóns de euros en novas dotacións ao centro hospitalario. Este anuncio súmase ás licitacións informadas o pasado mes de maio, da obra da nova Unidade de Necropsias, por 300.000 euros, e o proxecto de reforma de Hospitalización a Domicilio, cun investimento global de 500.000 euros.

“O obxectivo destas actuacións é dotar o Cunqueiro de novos espazos e equipamentos, xa que o Executivo galego considera que, unha vez consolidado este hospital, é o momento de afrontar actuacións para reforzar a súa funcionalidade”, engadiu. Coa nova estrutura, a Unidade Funcional Multidisciplinar de Enfermidades Raras, que xa comezou a funcionar en febreiro deste ano, disporá dun espazo físico propio.

Este novo dispositivo sanitario, que coordina o diagnóstico e o seguimento dos pacientes con estas patoloxías, enmárcase no desenvolvemento da Estratexia Galega en Enfermidades Raras, que ten por obxectivo unha abordaxe integral destas enfermidades.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...