InicioCulturaO Marisquiño estrea web e imaxe gráfica para a edición deste ano

O Marisquiño estrea web e imaxe gráfica para a edición deste ano

A imaxe foi deseñada por Kike Besada, director creativo de Drama Studio, xunto ao artista dixital Enrique Aka Blackurco e co traballo en posproducción de Marcos Alonso Mosquera.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival O Marisquiño de Vigo lanzou este martes a súa nova páxina web na que os miles de seguidores do evento en todo o mundo van poder coñecer toda a actualidade sobre a edición deste 2022, que se celebrará entre o 12 e o 14 de agosto en distintos escenarios da cidade olívica.

Así, O Marisquiño tamén renovou a súa imaxe gráfica, que conta cun deseño “innovador” no que están presentes as novas tecnoloxías. Tal como informou a organización, nesta ocasión a imaxe foi deseñada por Kike Besada, director creativo de Drama Studio, xunto ao artista dixital Enrique Aka Blackurco e co traballo en posproducción de Marcos Alonso Mosquera.

Os tres son vigueses aínda que Besada leva desenvolvendo o seu traballo desde hai anos en Nova York, desde onde traballa con marcas e artistas da talla de Beyoncé.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...