InicioVigo e contornaVigoCazan a unha parella por dous roubos en días consecutivos no centro...

Cazan a unha parella por dous roubos en días consecutivos no centro de Vigo

Furtaron un bolso e un móbil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron e denunciaron a unha parella, D.A.G. de 58 anos de idade e E.R.R. de 45 anos, que foron interceptados dúas veces nun prazo de pouco máis de 24 horas, por furtar un bolso e un móbil ao descoido en zonas de copas do centro da cidade.

A primeira intervención tivo lugar na madrugada do pasado venres, cando unha patrulla foi abordada na rúa Carral por unha moza que denunciou ser vítima do furto do seu bolso nun local de lecer. Ademais, a moza tiña sospeitas dunha parella e achegou a súa descrición. Cando estaba a falar cos axentes recibiu no seu teléfono unha notificación da aplicación da súa entidade bancaria, que lle informaba de que se fixo un pago con cargo ao seu cartón nun establecemento próximo.

Ao achegarse a lugar, sorprenderon aos sospeitosos saíndo e comprobaron que o home levaba unha carteira con documentación a nome dunha muller que non era a que estaba con el, mentres que o seu acompañante portaba un cartón bancario a nome da moza que requirira á Policía.

Segundo explicaron aos axentes, dirixíanse en taxi a Arcade e fixeran unha parada para facer unha compra. De feito, no punto presentouse o taxista para levarlle ao sospeitoso a súa chaqueta, e ao rexistrala, os axentes atoparon unha caixa de maquillaxe que pertencía á vítima do furto.

Tamén comprobaron que tanto o servizo de taxi como as consumicións no establecemento do que saíron foron pagadas polo cartón da requirente. Finalmente, a parella recoñeceu que lle roubaron o bolso e que o tiraron baixo un coche na rúa Heraclio Botana.

SEGUNDA INTERVENCIÓN

A segunda intervención tivo lugar na madrugada do sábado, cando varias patrullas que estaban a facer labores de control na zona de Inés Pérez de Ceta e rúa Pontevedra recibiron un aviso pola subtracción dun teléfono móbil nesa zona. Os policías observaron a unha parella en actitude sospeitosa. Tratábase das dúas persoas denunciadas por furto a madrugada anterior, e que estaban a deambular mesturados coa multitude.

Ao decatarse da presenza policial, separáronse. Para tentar despistar aos axentes, o home puxo unha cazadora e a muller cambiou de rumbo cara ao lado oposto da rúa. A continuación, o home agachouse e deixou un teléfono móbil no chan, na esquina das rúas Pontevedra e Rosalía de Castro. Nese momento foi interceptado e identificado, ou igual que a súa parella, mentres que o teléfono foi recuperado e devolto á súa propietaria.

ÚLTIMAS

Caballero estala contra o BNG tras aprobar a folga xeral en Vigo: “Vostede é de Putin, a democracia para vostede non existe”

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG de...

Guerra entre o Concello de Vigo e o PP polos concertos de Castrelos: Caballero impón a súa presenza no escenario?

O goberno municipal de Vigo acusou este luns a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra...

Alerta en Vigo polo envío de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á Policía Local

O Concello de Vigo alertou da circulación de correos electrónicos fraudulentos nos que se...

Vigo esixe á Xunta compensacións xustas para máis de 400 propietarios afectados polos plans de vivenda

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns por unanimidade unha moción do...