InicioVigo e contornaVigoStellantis volve reducir produción en Vigo ante a falta de compoñentes

Stellantis volve reducir produción en Vigo ante a falta de compoñentes

Optarán por un sistema de quendas para "minimizar" os días de para completa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volveu a anunciar variacións na súa produción ante a falta de compoñentes necesarios para os seus vehículos co obxectivo de “minimizar” os días de parada do seu persoal.

Así, o sistema 1 da planta de Balaídos, onde se montan os Peugeot 301 e 2008, e o Citroën C-Élysée, manterá a súa actividade sen alteracións sobre o programa comunicado en maio. Desta maneira, o luns 16 traballarán as quendas A e B, mentres que o martes 17 volverá estar operativo a quenda de noite a partir das 22 horas, continuando a actividade o resto da semana.

Con todo, no sistema 2, a dirección da empresa volverá optar por só producir o modelo B78 (C4 Picasso), deixando de montar as furgonetas das diferentes marcas do grupo. Este vehículo ensamblarase de forma exclusiva na devandita liña de produción en dúas quendas desde o luns 16, que traballarán en horario de día e estarán conformados por equipos de polivalentes.

“A previsión actual é producir con este mix durante o resto de semana. A actividade evolucionará consecuentemente no taller de Ferraxe desde a noite deste mércores día 11, adaptándose ao novo mix, sen afectación na constitución dos equipos nin hoxe nin mañá xoves 12 e traballando só cun equipo polivalente o venres 13 de 06,00 horas a 14,00 horas para realizar exclusivamente B78, necesarios para encher o encurso a fabricar a semana seguinte en Montaxe”, explicou a firma. A dirección da empresa lembrou que esta organización pretende xestionar o maior número de pezas dispoñibles para “minimizar” todo o posible o impacto de días de parada no persoal.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...