InicioPolíticaConcello de Vigo ampliará as funcións da PassVigo con parte do millón...

Concello de Vigo ampliará as funcións da PassVigo con parte do millón achegado por Política Territorial

Nun audio difundido aos medios tras reunirse este luns en Madrid coa ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, Caballero puxo en valor que o Concello utilizará ese millón de euros para mellorar os procesos informáticos e telemáticos e a seguridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que o Concello destinará parte do millón de euros que achegará o Ministerio de Política Territorial para ampliar as funcións da PassVigo, o cartón que na actualidade permite o uso do transporte urbano da cidade, entre outras utilidades.

Nun audio difundido aos medios tras reunirse este luns en Madrid coa ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, Caballero puxo en valor que o Concello utilizará ese millón de euros para mellorar os procesos informáticos e telemáticos e a seguridade.

Con todo, parte desa cantidade investirase en dar máis facilidades aos cidadáns, ampliando as funcións da PassVigo e mellorando as páxinas web e os sistemas telemáticos “para mellorar a relación” entre os vigueses e o Concello.

No encontro, tamén se trataron outras achegas que recibe o Concello para melloras telemáticas, coas que se instalarán grandes pantallas nas rúas con información aos cidadáns por valor de 800.000 euros.

Ademais, realizarase a central de venda para o pequeno e mediano comercio de Vigo que xa está “moi avanzada” e que será custeado polo Goberno, polo que Caballero agradeceu o labor do Executivo.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...