InicioCulturaJoan Manuel Serrat actuará en Castrelos o 10 de xullo na súa...

Joan Manuel Serrat actuará en Castrelos o 10 de xullo na súa xira de despedida

Con esta actuación dun artista "inigualable", son xa 9 os concertos confirmados para a programación de verán no emblemático auditorio vigués ao aire libre.

PUBLICADO O

O cantautor Joan Manuel Serrat actuará en Vigo o próximo 10 de xullo, no auditorio municipal de Castrelos, onde recalará no marco da súa xira de despedida ‘El vicio de cantar. 1965-2022’, segundo avanzou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.

Con esta actuación dun artista “inigualable”, son xa 9 os concertos confirmados para a programación de verán no emblemático auditorio vigués ao aire libre.

Así, ademais de Serrat, estarán en Vigo Sebastian Yatra (13 de xullo), Love of Lesbian (29 de xullo), Tanxugueiras (30 de xullo), Leiva (4 de agosto), Sting (6 de agosto), Lola Índigo (8 de agosto), Hombres G (14 de agosto) e Raphael (16 de agosto).

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...