InicioEconomíaZona Franca entrega os Premios Ardán ao exministro Illa e a 12...

Zona Franca entrega os Premios Ardán ao exministro Illa e a 12 empresas

300 representantes do mundo empresarial, económico, social e político asistiron á gala celebrada na sede de Afundación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Zona Franca de Vigo entregou este mércores os Premios Ardán nunha gala celebrada de forma presencial no auditorio da sede de Afundación na que foron recoñecidos o exministro de Sanidade Salvador Illa e 12 empresas “excelentes” que buscan “facer ben as cousas”.

Ante máis de trescentos representantes do mundo empresarial, económico, social e político, Zona Franca distinguiu a 12 empresas que alcanzaron o maior número de indicadores Ardán. Ademais, Illa foi galardoado pola súa “excelencia” á fronte dunha carteira “clave” do Goberno de España durante a pandemia.

Foi o delegado do Estado, David Regades, o encargado de dar a benvida ás persoas asistentes ao acto, que foi clausurado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. A conferencia central estivo a cargo do presidente da Fundación Garrigues, Antonio Garrigues. Entre os asistentes tamén estivo o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

En concreto, as empresas galardoadas na edición deste ano foron Ayan Loxística, Citic Censa, Compañía Española de Algas Mariñas, Corunet, Garmir Mantemento e Servizos Industriais, Hermasa, Igalia, Instituto de Estudos Celulares e Moleculares, Lugar da Veiga, Ovapiscis, Polirrós e Rodavigo.

Para o delegado do Estado “facelo ben, facéndoo correctamente nunca fora tan importante”, polo que subliñou os retos actuais como o cambio climático, a innovación tecnolóxica ou as aspiracións cidadás en sociedades avanzadas para garantir a igualdade de oportunidades.

Regades puxo en valor que Ardán se converteu nun “instrumento de medición para a toma de decisións no ámbito empresarial e institucional”, porque “para mellorar é necesario medir” e “os Indicadores Ardán están apoiados metodológicamente por grupos de investigadores da Universidade de Vigo”.

“EXCELENCIA” DE SALVADOR ILLA

En canto aos galardoados, Salvador Illa foi recoñecido pola súa “excelencia” á fronte do Ministerio de Sanidade durante os primeiros meses da pandemia. El mesmo destacou “a decencia na xestión da pandemia” e reivindicou “a utilidade da política, como o mellor servizo que pode facerse á cidadanía”.

Illa subliñou que a pandemia puxo en valor a importancia de determinados sectores, como o transporte, e indicou que esta crise tamén trouxo cousas boas, como o avance da ciencia española, que está a piques de aprobar unha vacina contra o Covid-19. “Isto foi moi duro, pero saímos disto mellor”, sentenciou, tras o que chanceou que virá a Vigo por Nadal.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...