InicioVigo e contornaVigoInvestigan unha agresión homófoba en Vigo

Investigan unha agresión homófoba en Vigo

A policía busca aos atacantes de dous mozos que se estaban bicando na rúa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo investiga unha agresión homófoba ocorrida o pasado fin de semana nunha zona de lecer nocturno da cidade, e que acabou con dous mozos feridos e trasladados a un centro hospitalario. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do sábado ao domingo, na zona de Churruca (Praza de Portugal), onde as vítimas, dous mozos, estaban en actitude cariñosa e dándose un bico.

Conforme á súa versión, outros mozos que estaban na praza achegáronse a eles para increpalos e comezaron a agredilos, causándolles lesións de diversa consideración, que obrigaron a evacualos a un centro hospitalario. A Policía abriu unha investigación e está pendente de tomar declaración ás testemuñas, co fin de identificar aos supostos autores desta agresión.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...