InicioVigo e contornaVigoFalece o pintor vigués Xulio Maside aos 89 anos

Falece o pintor vigués Xulio Maside aos 89 anos

Era sobriño do tamén artista Carlos Maside.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pintor vigués Xulio Maside, sobriño do tamén artista Carlos Maside, faleceu este domingo, 10 de abril, aos 89 anos, na súa residencia de Santiago de Compostela e en compañía dos seus achegados. Así o fixo público en redes sociais a Plataforma Carlos Maside, dedicada á difusión da figura deste autor, que subliñou tamén que Xulio Maside non abandonou a pintura ata o último momento e fixo pública unha fotografía del pintando no seu domicilio.

Nacido en Vigo en 1933 e anestesista de profesión, entrou na arte da man do seu tío, o pintor Carlos Maside. A esta profesión dedicou toda a súa vida e, de feito, a súa última exposición data de fai menos dun ano. A noticia do falecemento do artista causou un fondo pesar no mundo da cultura e da política, e foron numerosas as persoas e institucións que lamentaron a súa perda.

Entre elas, a corporación municipal de Santiago de Compostela, cidade na que residía Xulio Maside, e o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, expresaron o seu pesar pola morte do artista, que “mantiña unha fonda relación con Compostela” e foi “referente no mundo cultural e social da cidade”. En Twitter, o BNG compartiu unha imaxe de duelo polo falecemento do “pintor e activista cultural”, a cuxos familiares mandaron “todo o afecto”, mentres que Compostela Aberta puxo en valor a súa figura “de referencia”.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo ve “bochornoso” que Caballero “non dese” explicacións tras a sentenza do contrato de Guns N’ Roses

O portavoz do grupo municipal do PP de Vigo, Miguel Martín, cualificou de "bochornoso"...

Vigo, o Hollywood galego: “Poremos unhas letras aínda máis grandes que as deles”

O pasado ano 2024 a cidade foi escenario de máis de 50 rodaxes. Entre elas,...

O detido polo crime de apuñalar a dúas persoas en Redondela pasará a disposición xudicial

O suposto autor do crime en Redondela cunha arma branca coa que tamén apuñalou...

Un buque que transporta munición refúxiase en Vigo desde hai unha semana

O buque HC Eva Marie, que transporta colectores con munición en rumbo a Alemaña,...