InicioVigo e contornaVigoAtraca unha sucursal bancaria en Vigo e leva 100€

Atraca unha sucursal bancaria en Vigo e leva 100€

O home, de 50 anos, abandonou o lugar a pé.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 50 anos de idade, como presunto autor dun atraco nunha entidade bancaria, onde intimidou ao persoal cun coitelo e logrou un botín de 100 euros. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado mes de xaneiro, cando o 091 recibiu un aviso de activación dunha alarma nunha oficina bancaria da zona de Camposancos.

Unha patrulla dirixiuse ao lugar e entrevistouse coas testemuñas, que explicaron que un home entrara na entidade, ataviado con gorra e máscara, portando un coitelo, e esixiulle a un empregado que lle entregase as moedas e billetes que tiña na man nese momento, uns 100 euros. A continuación, abandonara a sucursal camiñando. As pescudas policiais permitiron identificar e localizar ao presunto atracador, un veciño de Vigo de 50 anos, sen antecedentes, que xa foi detido e ao que se lle imputa un roubo con violencia e intimidación.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...