InicioEconomíaA CIG critica o Concello de Vigo por "deixar morrer os servizos...

A CIG critica o Concello de Vigo por “deixar morrer os servizos públicos”

O sindicato denuncia que o goberno local "vende como boa xestión" o aforro económico derivado do "proceso de privatización dos servizos".

PUBLICADO O

A sección sindical da CIG no Concello de Vigo lamentou que o goberno local “venda como boa xestión” o aforro económico derivado do “proceso de privatización dos servizos públicos”. Segundo as súas cifras, case un terzo dos 45 millóns de euros de remanentes de 2021 que se incorporaron aos orzamentos deste ano corresponden a gastos de persoal, “e na súa maior parte a prazas vacantes pendentes de cubrir nas distintas ofertas de emprego”.

“O alcalde fartouse de vender este aforro como froito da súa boa xestión e anunciou que estes millóns se empregarían nas obras de Balaídos, nas bolsas de inglés, humanizacións, festas, ascensores… pero o que non dixo foi de onde sae ese diñeiro“, criticaron desde a CIG nun comunicado.

Neste sentido, desde a organización sindical aseguraron que o remanente dos gastos de persoal foi de 12 millóns de euros, dos que máis de 3,3 millóns corresponden a persoal funcionario; 1,68 millóns a persoal laboral; 974.000 euros á partida de plans de emprego e 3,5 millóns á de Seguridade Social.

“Como estamos a denunciar ano tras ano, este aforro non é puntual nin casual, máis ben é unha estratexia de deixar morrer os servizos públicos”, criticaron desde a CIG.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...