InicioVigo e contornaVigoA crise dos microchips deixa a Stellantis en paro case total

A crise dos microchips deixa a Stellantis en paro case total

Prevén retomar a actividade no luns vindeiro.

PUBLICADO O

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis anunciou a suspensión de practicamente toda a súa actividade este fin de semana por “causa de forza maior” a consecuencia da falta de aprovisionamento de certos compoñentes. Tal como indicaron fontes da empresa, a quenda de fin de semana do Sistema 1 da fábrica de Balaídos non operará nin o vindeiro sábado, día 19 de febreiro, nin o domingo 20, mentres que no Sistema 2 foi suspendida a actividade do sábado 19 e da noite do domingo.

Todo iso debido á crise dos microchips, que afecta a todo o sector automobilístico e motivou varios paróns na factoría de Balaídos nos últimos meses. Stellantis Vigo explicou que prevé que a actividade se retome no Sistema 1 o vindeiro luns na quenda das 06,00 horas da mañá, como xa se informou previamente.

E é que a firma anunciou o pasado martes que a liña 1 das súas instalacións en Vigo (que monta o Peugeot 301, o Peugeot 2008 e o Citroën C-Elysée) estaría parada durante toda a semana ata o vindeiro luns, día 21 de febreiro. Con todo, deixara no aire se a quenda de fin de semana estaría operativo ou non.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...