InicioSucesosFalece o condutor dunha furgoneta nun accidente cun camión en Vigo

Falece o condutor dunha furgoneta nun accidente cun camión en Vigo

Ocorreu este mércores cando ao camión se lle abriu accidentalmente una pata de soporte que chegou a invadir o carril contrario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 72 anos de idade, condutor dunha furgoneta, faleceu este mércores en Vigo tras recibir o impacto dunha barra estabilizadora dun camión guindastre despregado accidentalmente.

Segundo informaron fontes do 112 Galicia e da Policía Local, o sinistro produciuse sobre as 13,00 horas, cando un particular alertou a Emerxencias de que a barra estabilizadora lateral dun camión guindastre se despregara e impactara contra unha furgoneta que circulaba en sentido contrario.

Os vehículos implicados circulaban pola Estrada de Lameiro, na parroquia de Sárdoma e, ao cruzarse, a barra do camión despregouse e golpeou a furgoneta, deixando atrapado o seu condutor dentro.

O CIAE-112 deu aviso á Policía Local e aos bombeiros de Vigo, así como a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero o persoal sanitario non puido facer nada polo condutor da furgoneta, que morreu como consecuencia do impacto.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...