InicioEconomíaDenuncian "obstrucionismo" do Goberno na investigación sobre a prórroga de concesión da...

Denuncian “obstrucionismo” do Goberno na investigación sobre a prórroga de concesión da AP-9

'En Colectivo' lembra a "desmesurada" compensación a Audasa, de 1.465 millóns, polas obras de ampliación, que custaron 228 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación de consumidores En Colectivo, que denunciou ante a Comisión Europea as prórrogas da concesión da AP-9 outorgada a Audasa, criticou este xoves a actitude “obstrucionista” do Goberno central na investigación aberta por mor desa denuncia, e lamentou que a administración trata de “protexer os intereses” da concesionaria, que se beneficia dunha “compensación desmesurada” pola realización das obras de ampliación da autoestrada.

Nun comunicado, esta asociación explicou que, tras a apertura do procedemento de infracción contra España por incumprir a normativa europea nas prórrogas da concesión, o goberno non deu pasos para anular esas prórrogas, e mesmo “infrinxe o principio de colaboración entre administracións públicas” ao non facilitar a información requirida por diferentes organismos, como a Comisión Galega da Competencia.

De feito, En Colectivo lembrou que esta Comisión emitiu un informe en setembro do ano pasado no que calculaba que o importe total da obra de ampliación, segundo as contas presentadas por Audasa, sería de 228 millóns de euros. Con todo, a cantidade a recuperar en 20 anos, coas compensacións aplicadas, será de 1.465 millóns de euros, “o que significa un 600 % de intereses”.

“Estes datos deixan claro que o Estado está a asumir un custo incriblemente superior ao que supuxese solicitar o financiamento da obra a unha entidade bancaria”, explicou Diego Maraña, presidente de En Colectivo.

“FALTA DE TRANSPARENCIA”

Así, incidiron, a propia Comisión Galega explicou que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana non respondeu ningún requirimento de información sobre a existencia dalgún informe técnico que determine se unha subida anual acumulativa do 1 % nas peaxes é unha compensación “adecuada, ou ben excesiva”.

En Colectivo lamentou a “falta de transparencia” do Goberno, ao que emprazou a “rectificar nas ilegalidades cometidas canto antes”, sobre todo tendo en conta que o próximo 23 de xaneiro finaliza a prórroga dada pola Comisión ao Goberno de España para que responda á súa carta de emprazamento sobre esta cuestión.

Mentres, esta asociación segue recollendo firmas para reclamar ao Executivo que deixe de “illar” a poboación galega, e que anule a prórroga de 2013 (que amplía a concesión da autoestrada de 2023 a 2048).

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...