InicioEconomíaAs obras nun acceso da AP-9 a Vigo obrigan a cortar o...

As obras nun acceso da AP-9 a Vigo obrigan a cortar o tráfico desde a medianoite do domingo ao luns

A afectación á circulación producirase desde as 00,00 ata as 6,00 do luns, mentres que o resto de días --do luns ao venres-- serán entre as 22,00 da noite e as 6,00 da mañá.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O arranque da construción de dous apartadoiros de emerxencia, un por cada sentido de circulación, no punto quilométrico 1+500 do tramo da autoestrada AP-9 que dá acceso á cidade de Vigo obrigará a cortar o tráfico a partir da medianoite deste domingo ao luns.

Así o informa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), que precisa que a afectación á circulación producirase desde as 00,00 ata as 6,00 do luns, mentres que o resto de días –do luns ao venres– serán entre as 22,00 da noite e as 6,00 da mañá.

Ademais da construción dos apartadoiros, Mitma asumirá outra serie de actuacións complementarias de seguridade viaria na AP-9, como a instalación de pórticos de información variable e medidas de control de tráfico.

Esta intervención, asegura o Ministerio, “mellorará a seguridade viaria e o nivel de servizo en hora punta neste tramo”.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...