InicioSociedadeVigo manterá até o 16 de xaneiro as luces e atraccións de...

Vigo manterá até o 16 de xaneiro as luces e atraccións de Nadal

A Cabalgata de Reis, que será estática, poderá visitarse ata as 21,30 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A iluminación do Nadal de Vigo manterase acendida unha semana máis, ata o 16 de xaneiro, a petición do sector hostaleiro e de particulares, segundo o alcalde, Abel Caballero, quen puxo en valor as boas cifras de visitantes e de negocio turístico desta campaña.

O rexedor explicou que, a falta de pechar os datos, as cifras de afluencia de visitantes, mesmo comparadas co ano 2019, son “espectaculares”.

Así mesmo, Caballero asegurou recibir numerosas peticións, tanto de particulares como do sector hostaleiro, para pospor o apagado das luces do Nadal e anunciou que así se fará, atrasando ese ‘punto final’ ata o 16 de xaneiro pola tarde noite.

Do mesmo xeito, manteranse unha semana máis o mercado, a gran nora e outras atraccións porque, segundo puntualizou o alcalde, “a riqueza da cidade” ten moita relación con que reciba visitantes, “e moita xente vive diso”. “Afortunadamente seguimos tendo unha inmensa demanda de xente que quere seguir vindo a Vigo”, sentenciou.

CABALGATA

Con respecto á Cabalgata de Reis deste mércores, que será estática e na Avenida de Castelao, o alcalde confirmou que se tramitaron 20.000 pases (que dan acceso aos ‘carrís’ para pasar ante as carrozas a un máximo de 6 persoas por pase).

Así mesmo, explicou que se ampliará o horario de tarde da Cabalgata, que poderá visitarse ata as 21,30 horas, pola previsión de que haxa que suspender as visitas cara ao mediodía e talvez primeira hora da tarde debido ao prognóstico de choivas. En todo caso, o Concello informará novamente este mércores para concretar os horarios.

O alcalde tamén avanzou os “parecidos” dos Reis e os seus carteiros e carteiras reais, que terán os mesmos trazos que personalidades do deporte vigués, entre eles, a atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...