InicioVigo e contornaVigoCalcinado un coche en Vigo tras outro incendio nun garaxe

Calcinado un coche en Vigo tras outro incendio nun garaxe

É o segundo lume desta natureza en menos de 24 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un coche resultou totalmente calcinado no incendio rexistrado nun garaxe dun edificio da rúa Escultor Nogueira de Vigo, no que non se rexistraron danos persoais. O 092 recibiu unha chamada pouco antes das 23.00 horas deste domingo, na que se alertaba dunha fumareda branca saíndo do interior dun garaxe nesta rúa.

Ata o lugar desprazáronse diversas dotacións de bombeiros da cidade, tanto do parque de Teis como do parque provisional de Coruxo, mentres que axentes da Policía Local acordoaron a zona e cortaron o tráfico para facilitar os labores de extinción e o acceso aos vehículos de emerxencias.

A pesar da intensa fumareda non foi necesaria a evacuación dos veciños do inmoble e, unha vez sufocadas as chamas, os axentes comprobaron que no garaxe, que dispón de 8 prazas de aparcadoiro, había catro vehículos estacionados. As chamas afectaron a un deles, que quedou practicamente calcinado, e os primeiros indicios apuntan a que foi un episodio fortuíto, ao orixinarse o incendio no motor do coche.

Dáse a circunstancia de que este foi o segundo incendio nun garaxe rexistrado este domingo xa que, á primeira hora da mañá, os efectivos de emerxencias tiveron que intervir nun edificio na rúa Teixugueiras, en Navia. Nese caso, o lume afectou a máis dunha trintena de coches, e a metade acabaron esnaquizados; así mesmo, un par de veciños e tres bombeiros tiveron que ser atendidos por urxencias sanitarias debido á calor e a inhalación de fume.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...