InicioVigo e contornaVigoCaballero defende as máscaras en exteriores como presidente da FEMP

Caballero defende as máscaras en exteriores como presidente da FEMP

Subliña que hai persoas con dificultades para pagar os tests.

PUBLICADO O

O presidente da FEMP, Abel Caballero, defendeu a medida aprobada hoxe no Consello de Ministros sobre o uso obrigatorio das máscaras en exteriores, pero lembrou que hai unha parte da poboación que ten dificultades para pagar o test.

Caballero, que participou na tarde de onte na Conferencia de Presidentes en representación das Entidades locais, avogou por unha “coalición na prudencia” ante o avance da nova onda da pandemia e en vésperas das festas do Nadal e insistiu na vacinación “como elemento central para a detención desta vaga” así como o incremento de rastreos e test de detección de coronavirus.

“Temos que manter a vida con todo o criterio de seguridade cento por cento e a nosa vida normal, con prudencia e coas características da novo paradigma porque imos convivir co virus moito tempo e temos que convivir coas vacinas e coas medidas de prevención e co sentido común e a prudencia”, manifestou o tamén alcalde de Vigo, segundo unha nota de prensa, recollida por Europa Press.

Así, valorou positivamente a “decisión das máscaras” e o incremento dos rastreos e da realización de test facendo fincapé en que hai que ter en conta que “unha parte da poboación ten dificultades para pagar o test”. Neste sentido, incidiu na importancia da vacinación e valorou positivamente o reforzo acordado polo Goberno. “A vacInación é o factor máis importante para a detención da pandemia e España ten uns niveis de vacinación altísimos”. Nese sentido, resaltou que é preciso que “todo o mundo se poña todas as doses de recordo” e acelerar a vacina pediátrica dos nenos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...