InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo ofrecerá unha cea de Noiteboa aos maiores que...

O Concello de Vigo ofrecerá unha cea de Noiteboa aos maiores que pasen as festas en soidade

Serán, en total, 142 persoas beneficiadas polo servizo.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo ofrecerá unha cea gratuíta en Noiteboa a 142 usuarios de teleasistencia e servizo de axuda no fogar, a maior parte deles mulleres maiores de 85 anos, que pasarán ese día en soidade. Así o avanzou nunha rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, que explicou repartiranse 142 ceas a 101 usuarios de teleasistencia e 41 beneficiarios do servizo de axuda no fogar. Ademais, ofrecerase unha cea aos 38 usuarios do albergue municipal e a persoas en situación de rúa en pensións e hostais que “non dispoñen de recursos para celebrar a Noiteboa”.

Deste xeito, Abel Caballero puxo en valor o “esforzo” realizado polo Concello “para que todo o mundo na cidade celebre o Nadal”. Así mesmo, explicou que na xunta de goberno aprobáronse as bases para o programa contra desafiuzamentos e para axudas emerxencia para 2022. Aínda que apuntou que a cantidade establecida ascende a 1,17 millóns de euros, insistiu en que “non hai límite orzamentario”. Noutra orde de cousas, o rexedor resaltou que se deu luz verde a un convenio coa Universidade de Vigo (UVigo) por valor de 350.000 euros para axudas a estudantes con necesidades económicas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...