InicioSociedadePersoal de Vitrasa, en pé de guerra polas súas condicións laborais

Persoal de Vitrasa, en pé de guerra polas súas condicións laborais

Concéntranse este venres ante o Concello de Vigo e manteñen a folga durante os fins de semana, aínda que lembran que se a empresa non negocia, volverase indefinida todos os días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores e traballadoras da empresa Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte de bus urbano de Vigo, concentraranse este venres, a partir das 11,00 horas, na Praza do Rei, ante o consistorio olívico, para denunciar a actitude do goberno local ante o conflito laboral que lles afecta e que os levou a convocar unha folga, con paros os fins de semana desde o pasado sábado.

O persoal puxo en marcha esta medida de presión para reclamar melloras nas súas condicións laborais, como a regulación dos descansos, a redución da sobrecarga de traballo, a contratación de máis persoal ou a redución do número de empregados eventuais.

Así mesmo, denunciaron que a empresa non atende as súas demandas e que toma medidas represivas contra os traballadores. Tamén afearon ao Concello que, a pesar de ser o responsable último dun servizo que é municipal, non se implicou para resolver o conflito.

Por iso, o comité de folga convocou unha manifestación para este venres que sairá á primeira hora da mañá das instalacións de Vitrasa en dirección ao Concello, onde concluirá sobre as 11,00 horas cunha concentración. Ademais, lembraron que, se a empresa non negocia, os paros converteranse en folga indefinida todos os días (excepto festivos) a partir do 13 de decembro.

ÚLTIMAS

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...