InicioVigo e contornaVigoCaballero responsabiliza á Xunta das fugas nas balsas do paseo de Navia

Caballero responsabiliza á Xunta das fugas nas balsas do paseo de Navia

Asegura que o ente autonómico fixo unha "chapuza" na zona.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo revisará os estanques artificiais do parque-paseo do barrio de Navia despois de que, nas últimas horas, colapsase o fondo dunha das balsas causando unha inundación e unha fervenza de auga na parte traseira da rúa Teixugueiras.

Así o trasladou nunha rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen explicou que o fondo dunha desas piscinas ornamentais veu abaixo, o que provocou a saída da auga. A zona foi valada e iniciaranse os traballos para revisar o estado de todos os estanques.

“Isto fíxoo a Xunta hai 15 anos, é unha chapuza. As balsas están sen cimentar, sobre a terra, e a terra cede e afúndese”, afirmou Abel Caballero, en alusión á urbanización desa zona, deseñada polo goberno galego bipartito e concluída, con atraso, cando Feijóo xa presidía a Xunta. De feito, o rexedor sinalou que o goberno local está “a refacer” unha parte da urbanización de Navia, e puxo como exemplo a próxima humanización da rúa Teixugueiras.

XUNTA DE GOBERNO

Por outra banda, na rolda de prensa deste xoves, o rexedor confirmou que a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de obras de acondicionamento da sede do antigo Instituto Municipal de Educación no Chouzo, preto da Praza da Industria, para a instalación dunha escola infantil. Abel Caballero lembrou que o orzamento que figura no proxecto é de 627.000 euros, aínda que os traballos aínda non foron licitados, e que se actuará sobre 650 metros cadrados de superficie para acondicionar espazos.

 

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...