InicioSociedadeO Sergas citará 8.000 persoas para facer a PCR na área de...

O Sergas citará 8.000 persoas para facer a PCR na área de Vigo

Tamén programou un cribado específico para traballadores do Porto de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo citará a unhas 8.000 persoas esta semana a realizar unha proba PCR para detectar posibles casos de Covid-19, a través dunha convocatoria que empezará con SMS a menores de 50 anos dos centros de saúde da cidade olívica.

Segundo informou esta área sanitaria, deste xeito o Sergas renova a realización de cribados programados á poboación asintomática da área sanitaria de Vigo.

Esta semana citará 8.000 persoas para realizarse a PCR no Punto de Atención Móbil (PAM) emprazado nas Avenidas fronte ao Náutico de Vigo.

Deste xeito, esta área sanitaria renova os cribados poboacionais a poboación asintomática. Tamén programou un cribado específico para traballadores do Porto de Vigo.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...