InicioSociedadeVigo monta o boneco de neve do Nadal "máis alto de España"

Vigo monta o boneco de neve do Nadal “máis alto de España”

Abel Caballero anuncia tamén a árbore "máis alta de Europa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo segue avanzando na instalación das súas atraccións do Nadal e este xoves iniciouse a montaxe do boneco de neve luminoso que, segundo presumiu o alcalde, será “o máis alto de España”.

Nunha rolda de prensa, Abel Caballero explicou que ese gran boneco “creceu 3 metros”, ata os 13, e seguirá sendo “visitable”. No entanto, este ano cambiará de emprazamento e poderá verse no cruce entre García Barbón e a rúa Pontevedra, xa que a súa anterior localización, en Rosalía de Castro, será o lugar onde se instalen outras atraccións para a cativada.

A presenza do boneco de neve obrigará a reducir un dos carrís de García Barbón pero, segundo o rexedor, a afección ao tráfico será mínima e, de feito, a estrutura ocupa un pouco da beirarrúa precisamente para “molestar o menos posible” ao tránsito de vehículos.

Ademais, avanzou Abel Caballero, nas próximas horas iniciarase a montaxe do gran abeto de luces led que, do mesmo xeito que o ano pasado e debido ás obras, estará na rúa Policarpo Sanz, fronte ao teatro de Afundación. Ademais dos xogos luminosos e as cancións, a árbore será “a máis alto de Europa”, segundo o alcalde.

Estas atraccións lumínicas están situadas en lugares estratéxicos para conformar un “circuíto” que permita a visitantes gozar do gran parque temático da iluminación do Nadal que será o centro da cidade, e do que tamén forman parte outros reclamos, como a gran bóla situada entre Colón e Príncipe, ou a caixa de agasallo da Gran Vía.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...