InicioVigo e contornaVigoStellantis suspende de novo parte da súa produción pola crise dos microchips

Stellantis suspende de novo parte da súa produción pola crise dos microchips

A planta olívica paralizará parte da súa maquinaria na noite deste venres.

PUBLICADO O

A planta do grupo de automoción Stellantis en Vigo (antes PSA Peugeot Citroën) suspenderá parte da súa actividade na quenda de noite deste venres, debido aos problemas de aprovisionamento. A dirección da factoría comunicou ao persoal que a quenda de noite do sistema 2 (o que monta as furgonetas e monovolúmenes) non traballará este venres pola falta de compoñentes derivada da chamada crise dos semiconductores ou ‘microchips’.

De feito, estes problemas estiveron provocando paradas intermitentes na produción da fábrica desde hai meses e a última suspensión de actividade tivo lugar precisamente hai unha semana. Entón a parada afectou a todas as quendas dos dous sistemas de produción.

A ‘crise dos microchips’ levou á fábrica a suspender temporalmente a quenda de fin de semana na liña de montaxe 2, así como á aplicación dun ERTE que estará en vigor ata final deste ano.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...