InicioVigo e contornaVigoCaballero ataca á Xunta por non rematar o Ifevi: "é unha obra...

Caballero ataca á Xunta por non rematar o Ifevi: “é unha obra menor, non o Empire State”

Lamenta que a feira Conxemar non vaia dispoñer de todo o espazo posible pola "calamidade" da Xunta.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este martes a “incapacidade” da Xunta de Galicia para ter terminada a ampliación do Instituto Feiral (Ifevi) para a próxima celebración da feira Conxemar, a principios de outubro, e apuntou que “é unha obra menor, non o Empire State”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico lamentou que a feira internacional de produtos conxelados se vaia celebrar entre o 5 e o 7 de outubro sen que a Xunta fose capaz de ter a ampliación do recinto lista. “Conxemar non vai dispor de todo o espazo pola calamidade da Xunta”, insistiu Caballero, aínda que a organización do certame non chegou a ofertar espazos na superficie ampliada.

O alcalde lembrou que, en maio pasado, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou o recinto feiral e insistiu en que a ampliación estaría lista para Conxemar. “Dixeron que ía haber un módulo deportivo, mentira; que ían acabar a tempo a ampliación, mentira. Todo mentira”, proclamou Caballero.

Segundo lembrou, o goberno local advertiu á administración autonómica de que tería que empezar antes a obra, e constatou que agora non está lista, a pesar de que “é unha obra menor, non é o Empire State”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...