InicioSociedadeO estudo sobre abastecemento a Vigo e a súa área estima en...

O estudo sobre abastecemento a Vigo e a súa área estima en 67 millóns de euros o custo da alternativa óptima

Analizados diversos escenarios e alternativas posibles, os técnicos da empresa que redactou o informe concluíron que a solución "óptima" é contruir un azud de derivación na confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo, cun bombeo cara á presa de Eiras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estudo sobre as alternativas para garantir o abastecemento futuro de auga á cidade de Vigo e a súa área estima nuns 67 millóns de euros os investimentos necesarios para acometer a opción “óptima”, que sería unha combinación de varias obras complementarias: unha captación de auga desde a confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo, a construción dunha nova presa no río Oitavén, a duplicación do actual túnel de Amoedo, e un transvasamento mediante impulsión desde o río Miño ao encoro de Zamáns en Vigo.

Segundo o informe, ao que tivo acceso Europa Press, para resolver os posibles problemas de abastecemento nun horizonte futuro é necesario actuar en dous eixos: por unha banda, reducir a presión sobre o sistema de Eiras (deixando de conectar novas poboacións ou desconectando algunha) e, por outro, obter novos recursos.

Analizados diversos escenarios e alternativas posibles, os técnicos da empresa que redactou o informe concluíron que a solución “óptima” é contruir un azud de derivación na confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo, cun bombeo cara á presa de Eiras.

Esta simple actuación “non garante a subministración” ao sistema de Eiras (que abastece a Vigo e varios municipios da súa contorna), polo que sería necesaria a construción dunha nova presa.

Neste caso, exponse construír un pequeno encoro no río Oitavén, de 7,4 hectómetros cúbicos e para completar esta alternativa, exponse a necesidade de duplicar o chamado túnel de Amoedo.

Por outra banda, a opción elixida tamén inclúe a realización dunha impulsión desde o río Miño ao encoro de Zamáns, para dar servizo a Nigrán, e establecer unha conexión entre este municipio e Gondomar, mediante unha condución por gravidade.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...