InicioSucesosUn accidente de tráfico en Tui deixa un motorista morto

Un accidente de tráfico en Tui deixa un motorista morto

Xa no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento do motorista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista faleceu tras caer da moto que conducía pola PO-340, ao seu paso pola parroquia de Malvas, no municipio pontevedrés de Tui.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 18,15 horas un particular alertou ao 112 do accidente e, tras iso, tamén os servizos sanitarios confirmaban o accidente e indicaban que o home estaba inconsciente.

Ante iso, o persoal do 112 comunicou os feitos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Baixo Miño, así como á Policía Local e a Protección Civil de Tui. Xa no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento do motorista.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...