InicioSucesosArde por completo a cabina dun ascensor nun edificio en Vigo

Arde por completo a cabina dun ascensor nun edificio en Vigo

Non houbo danos persoais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vigo tiveron que intervir na Rúa Esperanto para controlar un incendio que consumiu, por completo, a cabina do ascensor dun edificio. Ninguén resultou ferido, informa o 112. Ás 10,30 horas deste sábado varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar o suceso. De acordo co relato das testemuñas do incidente, víase saír fume do interior da edificación.

Os xestores de emerxencias pasaron aviso aos profesionais de urxencias sanitarias e aos Bombeiros de Vigo. Ademais, informouse os axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da cidade.

Ao fío das 15,00 horas, tras finalizar a intervención e volver á base, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron ao 112 que, finalmente, ardeu o compartimento do ascensor do edificio sen que se rexistrasen danos persoais.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...

Desactivada a alerta pola desaparición dunha muller: está “desorientada, pero ben”

SOS Desaparecidos desactivou a alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos...