InicioSucesosRescatan en Vigo a dous menores despois de envorcar o veleiro no...

Rescatan en Vigo a dous menores despois de envorcar o veleiro no que navegaban

Os servizos de emerxencia rescataron na tarde deste martes a dous mozos que envorcaron cun veleiro no que navegaban fronte á Praia da Buraca, en Vigo.

PUBLICADO O

Os servizos de emerxencia rescataron na tarde deste martes a dous mozos que envorcaron cun veleiro no que navegaban fronte á Praia da Buraca, en Vigo.

Ao redor do catro menos vinte da tarde, un particular púxose en contacto co 112 Galicia para advertir de que unha embarcación envorcara fronte a este areal.

Nesa mesma comunicación, informaba de que había dúas persoas na auga que tentaban neses momentos darlle a volta ao barco.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia deron aviso aos socorristas de Vigo, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e á Garda Civil.

Xa no lugar, os socorristas confirmaron que se trataba dun veleiro e que os dous ocupantes, menores, estaban ben, polo que os ían achegar eles mesmos ata terra.

Ademais, ata o punto tamén se desprazou, noutra embarcación, o dono do veleiro que, tras tentar darlle a volta, tamén tivo que ser trasladado polos servizos de emerxencia ata o porto.

Ao final da súa intervención, os socorristas informaron o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia que o tres persoas estaban xa fose da auga e que foran evacuadas por eles ata o Porto de Canido, onde os dous menores recibiron asistencia sanitaria por posible hipotermia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...