InicioSociedadeAbel Caballero, sobre o Nadal vigués: "Nova York váisenos quedar pequena"

Abel Caballero, sobre o Nadal vigués: “Nova York váisenos quedar pequena”

O alcalde avanza que haberá "11 millóns de luces led" e "moitas sorpresas".

PUBLICADO O

A cidade de Vigo iniciou este mércores a montaxe exterior da súa iluminación do Nadal que, como avanzou o alcalde, Abel Caballero, nesta campaña contará con “11 millóns de luces led”, ademais das tradicionais atraccións (mercado, nora, pistas de xeo, a árbore e outros adornos xigantes) e “moitas sorpresas”. “Nova York váisenos quedar pequeno”, proclamou un pletórico rexedor.

O alcalde confirmou que a cidade contará con máis de 3.000 motivos lumínicos, 350 rúas adornadas, 1.000 árbores iluminadas, “a maior árbore de luces led do planeta”, o boneco de neve “que creceu tres metros”, a gran caixa de agasallos ou a bóla xigantesca. En total, uns 11 millóns de led que van iluminar ” o planeta enteiro”.

A isto uniranse dúas pistas de xeo e unha rampla de esquí, o mercado na Praza de Compostela e a gran nora, así como outras actividades e “sorpresas” que non quixo desvelar.

O alcalde reiterou a súa confianza en que o avance da vacinación permita chegar ao Nadal cunha “situación pandémica de normalidade”, e volveu a recalcar a súa previsión de “millóns” de visitas á cidade. “O Nadal de Vigo vai ser apoteósico”, resolveu.

VISITAR VIGO PARA “IR AO CEO”

Abel Caballero estendeu unha invitación “a todo o mundo” para que visite a cidade porque, “o que queira ir ao ceo ten que vir ao Nadal de Vigo” e engadiu: “Nova York váisenos quedar pequeno”. “Teremos un gran Nadal na cidade da luz, que é Vigo (…), cando alguén di a palabra Nadal en calquera parte do mundo xa pensa en Vigo e, inmodestamente debo dicir, no seu alcalde“, aseverou.

Cuestionado acerca da instalación da iluminación en Ourense, que se iniciou algo antes, Abel Caballero eludiu entrar en comparacións porque, segundo subliñou, Vigo ten como “referencias” a cidades como Nova York, Londres ou Tokio. Respecto diso, apuntou que “Madrid xa se retirou da competición, só compiten Nova York, Londres ou Tokio, e con dificultades”.

Finalmente, o alcalde, quen recalcou que o orzamento da iluminación é “ridículo” en comparación co doutras cidades (só as luces custan algo menos dun millón de euros), avanzou “sorpresas” para o acto de aceso, que aínda non ten data.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...