InicioSucesosTrasladan ao Álvaro Cunqueiro un home ferido tras ser atropelado polo seu...

Trasladan ao Álvaro Cunqueiro un home ferido tras ser atropelado polo seu tractor en Ponteareas

O 112 Galicia informou do ocorrido aos Servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local, aos Bombeiros de Ponteareas e a Protección Civil da localidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi atropelado na tarde deste xoves polo seu propio tractor na parroquia de Oliveira, en Ponteareas, en concreto, no lugar de Rabuñade.

Foi un familiar do ferido quen, ao redor do seis e cuarto da tarde, avisou ao 112 Galicia de que unha persoa acababa de ser atropelada pola maquinaria que, nese momento, manexaba.

Con todo, nesta mesma comunicación, o alertante aseguraba que o home estaba ferido, pero que, a pesar de que o tractor lle pasou por encima, non estaba atrapado.

O 112 Galicia informou do ocorrido aos Servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local, aos Bombeiros de Ponteareas e a Protección Civil da localidade.

Finalmente, o persoal sanitario confirmou o traslado do ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...