InicioSociedadeSanidade estuda o caso da muller de Vigo vacinada con AstraZeneca que...

Sanidade estuda o caso da muller de Vigo vacinada con AstraZeneca que sufriu un trombo

A paciente está a evolucionar "favorablemente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou que se están facendo “unha serie de probas” para determinar se hai “causa-efecto” no caso da muller de 63 anos de idade ingresada en Vigo tras sufrir un trombo despois de ser vacinada fronte ao Covid-19 con AstraZeneca, quen está a evolucionar “favorablemente”.

García Comesaña indicou que “é pronto para facer unha valoración”, aínda que remarcou que o caso foi trasladado a Farmacovixilancia da Axencia Española do Medicamento e estase “seguindo o protocolo” para tratar de “afinar máis se hai unha relación causa-efecto ou é circunstancial”.

Neste sentido, comunicou que non se descarta de momento ningunha das dúas posibilidades. Ademais, ao ser cuestionado acerca de se hai máis casos como este en investigación, recoñeceu que Farmacovixilancia investiga “situacións de todo tipo, desde leves ata máis complexas”.

Así, manifestou que “cada día se producen varias situacións en toda a rede de vacinación”, aínda que asegurou que o desta muller é “o único caso no que se está estudando causa-efecto” e que “hai que confirmar”.

A muller de 63 anos, que se atopaba sa, ingresou o pasado mércores no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras sufrir unha baixada repentina de plaquetas despois de recibir a vacina de AstraZeneca. Aínda que se apuntou inicialmente a un hematoma suprarrenal, este luns confirmáronlle á paciente que sufrira un trombo.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...