InicioEconomíaFeijóo ve "irrenunciable" a alta velocidade Vigo-Porto

Feijóo ve “irrenunciable” a alta velocidade Vigo-Porto

Pide converter a estación de Urzáiz nunha estación única, central e pasante, e incluír no proxecto do Corredor Atlántico unha conexión directa coa terminal de Bouzas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os presidentes da Xunta de Galicia e da Xunta de Castela e León, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Fernández Mañueco, respectivamente, trasladaron o seu apoio ao proxecto do Corredor Atlántico de mercadorías, que ven como unha infraestrutura “estratéxica” e “irrenunciable”.

Ambos participaron no acto de clausura do foro CoLogistics ‘Vertebración peninsular: Corredor Atlántico e o desenvolvemento das infraestruturas’, que se celebrou este mércores nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo.

Durante o acto, Feijóo remarcou que a alta velocidade entre Vigo e O Porto é un obxectivo “irrenunciable”, xa que con ela “haberá Corredor Atlántico”. “Senón, non poderemos sumar as sinerxías co Norte de Portugal e teremos enormes dificultades para competir no futuro”, asegurou.

Neste marco, remarcou a necesidade de converter a estación de Urzáiz nunha estación única, central e pasante, e de incluír no proxecto do Corredor unha conexión directa coa terminal portuaria de Bouzas que permita garantir a operatividade do Porto de Vigo.

Na mesma liña, o presidente autonómico lembrou que un estudo realizado pola Xunta “acredita” o impacto económico da saída sur, xa que “mellora o PIB de Galicia, mellora o PIB de Vigo e mellora a competitividade” de diferentes sectores empresariais. “Supón un investimento que se rendibiliza”, resumiu.

Neste sentido, chamou a que o Corredor do Noroeste sexa incluído como un dos proxectos aos que se destinen fondos europeos. “Queremos sentarnos para ver cales son os fondos europeos en España, analizalos e distribuílos en función de criterios obxectivos e en función de capacidades loxísticas e estratéxicas”, rematou.

“Somos un lugar xeoestratégico importantísimo para a Unión Europea e necesitamos ter territorios competitivos”, insistiu, a colación do que reiterou que “é imprescindible para a Península, non só de España, un corredor de mercadorías que una o norte de Portugal con Galicia e Castela e León”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...