InicioEconomíaA AECT Galicia-Norte de Portugal estudará coa Xunta o impacto económico do...

A AECT Galicia-Norte de Portugal estudará coa Xunta o impacto económico do peche da fronteira

Por outra banda, a subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, visitou este luns acompañada pola comisaria provincial Estíbaliz Palma, o paso fronteirizo entre Tui e Valença, na autovía A-55, para supervisar o labor control que desenvolve a Policía Nacional.

PUBLICADO O

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal, xunto coa Xunta e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N) avaliarán a situación de peche de fronteiras entre ambos os territorios para “limitar no posible o impacto negativo” desa situación, aínda que “garantindo a saúde” dos cidadáns.

Así o trasladou a Xunta nun comunicado no que puxo en valor a decisión de abrir parcialmente os pasos de Melgaço-Arbo e Montealegre-Baltar, que desde este luns poderán ser franqueados por transportistas, vehículos de emerxencia e traballadores transfronteirizos.

A Xunta destacou o “esforzo” das empresas situadas a ambos os dous lados da fronteira que, debido ás restricións, viron aumentados os seus custos polas distancias que deben percorrer para cruzar ao outro país, así como o dos traballadores transfronteirizos, que tamén deben dar voltas de quilómetros para chegar aos seus centros de traballo.

Por outra banda, a subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, visitou este luns acompañada pola comisaria provincial Estíbaliz Palma, o paso fronteirizo entre Tui e Valença, na autovía A-55 (aberto as 24 horas), para supervisar o labor control que desenvolve a Policía Nacional

Alí instaláronse unha caseta e dous baños portátiles para facilitar o traballo dos funcionarios, uns servizos que se suman á marquesiña colocada polo Concello de Tui.

Desde que se reactivou o peche fronteirizo, neste paso controláronse máis de 93.200 persoas e 55.114 vehículos. Sumando os controis realizados no paso de Salvaterra, o total de persoas identificadas foi de 97.809 e 58.317 vehículos.

Durante a súa visita, Maica Larriba confirmou que, desde este luns, o paso fronteirizo de Salvaterra abrirase dúas horas máis ao día e tamén estará operativo o paso de Arbo. Estas conexións entre ambos os territorios estarán abertas de 7,00 a 10,00 e de 18,00 a 21,00 horas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...