InicioSociedadeA UVigo lanza un programa para manter contacto con exalumnos e traballadores

A UVigo lanza un programa para manter contacto con exalumnos e traballadores

Permitirálles ter vantaxes en ámbitos como formación, orientación ou acceso a recursos da universidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo presentou este mércores formalmente a súa comunidade Alumni, un servizo para conectar a antigos titulados, empregados e estudantes que pasasen nalgún momento pola institución. No acto de presentación desta plataforma, que xa está operativa neste enlace, o reitor da UVigo sinalou que este novo “servizo” é unha iniciativa “longamente esperada”, á vez que sinalou que, nunha institución “nova” como a universidade viguesa, na que “se fan as cousas ben”, “faltaba” esta comunidade.

Así, establécese un “vínculo” entre a Universidade de Vigo “e os que xa non están nela”, polo que animou a todos os que formaron parte da comunidade universitaria, e que son “os mellores embaixadores” da institución, a unirse a Alumni e “sacar partido” desta plataforma de encontro.

A vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, explicou o funcionamento desta web, na que os interesados poderán solicitar adherirse á comunidade Alumni. Esta comunidade ofrecerá aos seus membros vantaxes en ámbitos como a formación, o acceso a recursos da Universidade ou orientación laboral.

Pero o máis importante, destacou a vicerreitora, é a creación dunha “rede social” na que antigos alumnos, PDI, PAS ou estudantes estranxeiros que pasaron pola UVigo poderán estar conectados. Ademais, os membros de Alumni poderán adquirir diferentes “roles” para achegar as súas experiencias, coñecementos, etc. (embaixadores, patrocinadores, mentores, mecenas ou expertos).

ALUMNI ESPAÑA

Pola súa banda, o presidente da Federación de Asociacións de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españois, Antonio José Redondo, celebrou a adhesión da UVigo á comunidade Alumni, e sinalou que ese paso suporá importantes “beneficios” para a institución viguesa. Redondo, así mesmo, aproveitou a presentación para convidar formalmente o presidente do Consello Social da UVigo, Ernesto Pedrosa, a formar parte do Consello Asesor de Alumni España.

Pedrosa, que aceptou o ofrecemento, tamén valorou a incorporación da UVigo á comunidade Alumni, e recalcou, entre outras cuestións, que os membros desa comunidade “son observadores privilexiados para saber se a formación recibida na Universidade e o mercado laboral están en sintonía”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...