InicioSociedadeDous detidos por entrar ilegalmente nunha vivenda

Dous detidos por entrar ilegalmente nunha vivenda

A Policía Local de Vigo tamén informou da tramitación de dilixencias contra varios condutores por supostos delitos e infraccións contra a seguridade viaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a dous homes, M.A.M.H., de 22 anos e natural de Madrid, e A.M., de 25 anos e natural de Marrocos, como presuntos autores dun delito de asalto a unha vivenda.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na noite deste xoves, cando o 092 recibiu unha chamada dunha testemuña alertando de que dous homes estaban a violentar a porta de acceso a unha vivenda na rúa Porto Rico, dándolle patadas.

Ata o lugar desprazouse unha dotación que comprobou que a porta, que presentaba un golpe á altura da fechadura, estaba medio aberta e que alguén desde o interior trataba de pechala para impedir o acceso aos axentes.

Os funcionarios empuxaron e entraron na vivenda, onde atoparon dous homes sentados nas escaleiras de acceso ao segundo piso. Así mesmo, tras inspeccionar o interior, comprobaron que había outra porta, de madeira, que tiña a fechadura totalmente rebentada, polo que procederon á detención dos dous sospeitosos.

SEGURIDADE VIARIA

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén informou da tramitación de dilixencias contra varios condutores por supostos delitos e infraccións contra a seguridade viaria.

Así, na madrugada do pasado martes acudiron á rúa Ecuador, onde se produciu unha colisión. Un dos conductors implicados fuxiu, levando enganchado na súa bóla de remolque o parachoques do outro vehículo.

Poucos minutos despois, o causante do sinistro, E.S.C., vigués de 45 anos, foi localizado e, ao identificalo, a Policía decatouse de que tiña síntomas de estar baixo os efectos do alcol. Este extremo confirmouse cando lle realizaron a proba de alcoholemia, que deu un resultado de 0,94 e 0,98 mg/l.

Así mesmo, o 092 identificou o mércores a unha condutora de 29 anos de idade, D.F.G.S., natural de Uruguai, que circulaba pola rúa Numancia. Ao comprobar os seus datos, os axentes constataron que non tiña carné, aínda que a implicada asegurou que fixera o exame de conducir e que lle notificaron que aprobara, afirmación que foi desmentida tras unha consulta coa base de datos da DXT.

Noutra intervención similar, ese mesmo día axentes da Policía Local deron interceptaron a outro condutor, F.M.H.C., de Vigo e de 44 anos de idade, na Estrada do Zondal. Os funcionarios comprobaron que lle constaba unha perda de vixencia do carné.

Finalmente, a Policía informou da apertura de dilixencias contra un condutor vigués de 28 anos de idade, F.J.A.C., que circulaba pola Estrada de Valadares a última hora da tarde do mércores, e que tiña permiso de conducir AM (só para ciclomotor), que non lle faculta para conducir un turismo. Ademais, dáse a circunstancia de que o coche tiña a ITV caducada.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...