InicioEconomíaComerciantes do centro piden a creación de axudas para apoiar o...

Comerciantes do centro piden a creación de axudas para apoiar o sector

Tamén piden a creación dunha plataforma online para mellorar as vendas.

PUBLICADO O

O xerente da asociación de comerciantes Centro Príncipe de Vigo, Enrique Núñez, pediu a creación dunha plataforma ‘en liña’ de vendas e axudas para apoiar ao sector.

Tras un encontro con concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular celebrado este xoves, o xerente de Centro Príncipe propuxo que se concedan microcréditos para que os establecementos poidan subsistir ata a campaña de Nadal dado a crise actual.

Neste contexto, a edila ‘popular’ Teresa Egerique destacou que “o sector do comercio en Vigo continúa sen axudas municipais” e denunciou que o alcalde, Abel Caballero, “non quere reunirse” con representantes do mesmo.

Neste sentido, Teresa Egerique insistiu en que o comercio representa “un sector fundamental que xera riqueza e que fai que Vigo sexa unha cidade máis amable”.

Con todo, lamentou que os comerciantes vaian sufrir ” unha subida elevada de tarífaa da auga” e tivesen que “pagar de golpe impostos municipais como o do lixo ou o IBI”. Así, asegurou que “o goberno local non coñece a realidade” do sector, ao que considerou que debería apoiar mediante incentivos.

Mentres, a concelleira avanzou que o Grupo Municipal do Partido Popular realizará “accións para axudar e apoiar” aos comerciantes. Nesta liña, o partido tachou de “intolerable” que “se maltrate desta forma ao sector” dada a conxuntura económica actual.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...