InicioEconomíaO Concello de Vigo convocará un concurso de ideas para deseñar o...

O Concello de Vigo convocará un concurso de ideas para deseñar o ascensor que unirá García Barbón e Vía Norte

A execución das obras terá un investimento estimado de 6 millóns de euros.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo convocará un concurso de ideas para deseñar o ascensor e a pasarela que comunicarán García Barbón e Vía Norte, conectando tamén co complexo intermodal da estación de Urzáiz, segundo avanzou este luns o alcalde, Abel Caballero.

O rexedor sinalou que se abrirá un prazo de 5 meses para a presentación de candidaturas no concurso de ideas (dotado con medio millón de euros), e premiarase ao tres mellores deseños.

A proposta gañadora contará con outros 5 meses para redactar o proxecto e, tras a licitación, abrirase un prazo de 12 meses para a execución das obras, cun investimento estimado de 6 millóns de euros. En todo caso, o ascensor non estará rematado para cando se inaugure a estación, segundo recoñeceu o alcalde.

“Este ascensor vai marcar un novo Vigo, vai unir dúas zonas con máis de 20.000 habitantes cada unha”, proclamou Abel Caballero, quen expresou o seu desexo de que se presenten, ao concurso de ideas, “firmas de arquitectos moi importantes en España e no mundo”.

Con respecto á previsión inicial do que foi Premio Pritzker, Thom Mayne, o encargado de deseñar ese ascensor (o mesmo autor do deseño da estación do AVE), Abel Caballero sinalou que os servizos técnicos do Concello expresaron as súas dúbidas “xurídicas” de que se puidese adxudicar o traballo directamente a ese estudo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...