O Concello de Vigo xa non poderá impoñer gardas extraordinarios ó seu corpo de bombeiros. O TSXG vén de ratificar o que xa apuntara o Xulgado número 1 do Contencioso Administrativo da cidade olívica ao declarar “nulo de pleno dereito” a normativa da Concellería de Seguridade.
Así o apunta nunha nota remitida a GC o comité de folga CIG-CUT, que celebran a sentenza como a fin dunha situación que sometía ó cadro de persoal a un “enforzo inhumano”. “Levamos máis dun ano e medio nunha situación que anulou dereitos fundamentais e que supón un grave risco para a saúde dos traballadores”, sinalan.
QUERELA CRIMINAL
O comité, que esixirá ao consistorio a execución “provisional” da sentenza, xa anunciou que presentará unha querela criminal contra o Concello por “presunto delito de prevaricación” ao entender que as medidas se mantiveron “a sabendas” do perxuízo para a saúde á que aluden. Neste aspecto, os representantes sindicais apuntan directamente á Concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, e o Xefe do Servizo de Bombeiros