InicioSucesosDetido un home por estafar firmando contratos de financiamento e venda mediante...

Detido un home por estafar firmando contratos de financiamento e venda mediante enganos en Vigo

Tal como informa a Policía Nacional, os feitos ocorreron a principios deste mes de novembro, cando unha muller denunciou ser vítima dunha estafa por parte dun home que se identificaba como comercial dun importante grupo editorial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido en Vigo como presunto autor dun delito de usurpación de estado civil e de estafa por asinar mediante enganos contratos de financiamento e venda.

Tal como informa a Policía Nacional, os feitos ocorreron a principios deste mes de novembro, cando unha muller denunciou ser vítima dunha estafa por parte dun home que se identificaba como comercial dun importante grupo editorial.

Segundo o seu relato, o agora detido contactou con ela vía telefónica, para posteriormente presentarse no seu domicilio coa escusa de actualizar as cotas dun contrato vinculado a unha compra realizada en anos anteriores. Ademais, para gañar a confianza da vítima, ofreceulle un agasallo pola fidelidade ao grupo editorial.

Así mesmo, no transcurso das conversacións, o comercial manipularía o teléfono da muller, momento no que aproveitaría para supostamente, e sen consentimento da vítima, realizar operacións no seu nome e validar un novo contrato.

Tras a denuncia, comezou a investigación policial, lograndose identificar e deter ao autor dos feitos.

A Policía sinalou que este tipo de accións coñécese como a Estafa do Financiamento de Enciclopedias. Nelas, as vítimas adoitan ser persoas que, polas súas circunstancias psicofísicas resultan especialmente vulnerables ante enganos, e que ademais adoitan vivir soas.

Unha vez localizadas as vítimas propicias, os estafadores preséntanse nas súas vivendas, sempre con boa aparencia e facendo gala de boa educación, ofrecéndolles agasallos e ofertas.

Tras horas de conversación gáñanse a súa confianza, utilizando agasallos como gancho, e fanlles asinar mediante engano outros contratos de financiamento, con condicións moito máis gravosas, ou levan a cabo de maneira fraudulenta novos contratos de venda dalgún produto que se descoñece, sen o seu coñecemento nin autorización.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...