InicioPolíticaAbel Caballero afea a Feijóo que non explicara no debate "por que...

Abel Caballero afea a Feijóo que non explicara no debate “por que non dedicou nin un euro” a apoiar a Vigo na pandemia

O rexedor olívico evita valorar as intervencións dos candidatos no cara a cara.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou que o presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, non explicase “por que non dedicou nin un euro” a iniciativas de acción social para paliar as consecuencias da pandemia na cidade olívica no marco do debate celebrado este luns pola CRTVG.

Así se pronunciou o rexedor da maior urbe galega nunha rolda de prensa que tivo lugar este martes en relación ás intervencións de Feijóo no debate, que tamén contou coa participación dos candidatos á Presidencia da Xunta de PSdeG, BNG, Marea Galeguista, Galicia en Común-Anova Mareas, Cidadáns e Vox.

“É unha pena que no debate de onte (Feijóo) non dixese por que non dedicou nin un euro a acción social en Vigo”, reprobou o alcalde tras pór en valor as iniciativas desenvolvidas neste ámbito polo Concello. Deste xeito, o rexedor olívico destacou o programa de atención social impulsado na cidade polo goberno local para dar resposta ás necesidades derivadas da crise  sanitaria e recalcou que non contou con “un só céntimo de achega da Xunta”.

“NON TEÑO INTENCIÓN DE OPINAR”

No entanto, preguntado polos medios, Abel Caballero rexeitou valorar as intervencións dos candidatos á Presidencia do Executivo galego para as eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 12 de xullo no debate deste luns. “Non teño a máis mínima intención de opinar”, afirmou á vez que resaltou que o seu labor se limita á Alcaldía da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...