InicioDeportesO atleta Alejandro Gómez será recoñecido como Vigués Distinguido na gala deste...

O atleta Alejandro Gómez será recoñecido como Vigués Distinguido na gala deste ano

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o atleta Alejandro Gómez será recoñecido como Vigués Distinguido na gala deste ano, que se celebrará o próximo mes tras ser posposta debido á crise sanitaria.

Así o avanzou o rexedor nunha rolda de prensa celebrada este martes na urbe olívica, onde ha elogidado a traxectoria deste deportista profesional vigués de 53 anos que padece un tumor inoperable. En concreto, Alejandro Gómez foi deportista olímpico en tres ocasións, plusmarquista xuvenil e júnior e campión de España de mediamaratón en dúas competicións.

Deste xeito, sumarase aos demais elixidos como Vigueses Distinguidos: a xornalista Carlota Corredera, o centro de educación especial Saladino Cortizo, o maxistrado xubilado Xullo Picatoste, o IES Castelao, o club Pena Trevinca e o axente de Policía Nacional Iván Álvarez (ferido os disturbios en Cataluña).

Ademais, na gala deste ano, o Concello de Vigo outorgará o seu máximo recoñecemento, a Medalla da cidade, ao colectivo de profesionais sanitarios para pór en valor o seu traballo, en especial durante a pandemia da COVID-19.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...