InicioSociedadeVigo rexistra un novo falecido con Covid, un home de 72 anos

Vigo rexistra un novo falecido con Covid, un home de 72 anos

Xa son 615 as mortes totais en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A morte dun home de 72 anos na área sanitaria de Vigo elevou a 615 o número de falecidos con COVID en Galicia (483 en atención hospitalaria e 132 dentro de residencias de maiores), segundo os datos que trasladou este mércores a Consellería de Sanidade.

Así, despois dunha xornada, a do luns, na que non se notificou ningún falecemento, este martes informouse da morte dun home de 72 anos de idade, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e que padecía patoloxías previas.

Con este falecido, elévanse a 483 as vítimas mortais da COVID que recibían atención hospitalaria: 128 rexistráronse na área sanitaria da Coruña, 103 na de Ourense, 93 na de Vigo, outras 87 na de Santiago, 30 na Ferrol, 26 na de Lugo (dúas delas en atención domiciliaria) e 16 na de Pontevedra.

A esta cifra hai que sumar as 132 persoas falecidas no interior de residencias de maiores (onde non se notificaron mortes desde fai case tres semanas).

Así mesmo, hai que ter en conta que, do total de falecidos en atención hospitalaria, hai 140 persoas que estaban vinculadas a residencias. Por tanto, 272 vítimas mortais do COVID están relacionadas con centros residenciais (un 44,2 por cento do total de falecidos en Galicia).

FALECIDOS EN RESIDENCIAS

Desde que se iniciou a pandemia, morreron 22 usuarios no interior da residencia DomusVi de San Lázaro, 21 na nosa Señora da Esperanza (Ourense), outros 20 na DomusVi de Cangas, 12 na residencia DomusVi de Barreiro (Vigo), 9 no Portazgo (A Coruña), 8 en DomusVi Matogrande, 8 en Remanso Claudina-Somoza, e 7 en Santa Teresa Jornet.

Así mesmo, informouse da morte de 5 usuarios na residencia de Moledo (Vigo), e 3 nas Fragas de Pontedeume, os mesmos que en San Pedro de Crecente, en DomusVi Concepción Arenal (A Coruña) e na residencia Divino Maestro de Ourense.

Finalmente, nas residencias Fogar Bellolar, Castro Caldelas, Caser A Zapateira (Culleredo), San Carlos de Celanova, residencia de Foz, A nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras), San José de Ourense e Fundación José Otero de Santiago, notificouse unha morte en cada unha delas

ÚLTIMAS

O temporal provoca o atraque en Vigo dun gran portacontedores que sufriu un corremento de carga

O Porto de Vigo recibiu nas últimas horas ao buque portacontedores 'María Francisca', un...

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...