InicioEconomíaA Xunta apura a Adif para "desbloquear" as obras da intermodal de...

A Xunta apura a Adif para “desbloquear” as obras da intermodal de Vigo

Advirte de que sen asinar a 'addenda' ao convenio, o concello non poderá executar os accesos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta urxiu este xoves ao administrador de infraestruturas ferroviarias, Adif, a “desbloquear” o inicio das obras da estación intermodal de Vigo para “evitar un grave atraso no desenvolvemento desta infraestrutura estratéxica para a cidade”.

Así llo trasladou por carta ao organismo estatal o director da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI), Francisco Menéndez, que tamén se dirixiu ao Concello de Vigo para alertar sobre as consecuencias do atraso no inicio da execución dos accesos ao complexo intermodal.

Menéndez lembrou que o concello olívico “non pode adxudicar nin comezar as obras dos accesos” porque aínda non está asinada a ‘addenda’ ao convenio de colaboración coa Xunta e Adif para a confinanciación das actuacións.

Tanto o goberno galego como o vigués autorizaron xa ese trámite en febreiro, pero o Executivo central non o asinou. Por iso, apuntou o director da AGI, é improbable que o Concello poida iniciar as obras dos accesos antes do mes de xullo, o que faría “case imposible” cumprir coa data de fin de obra.

A ese respecto, a Xunta sinalou que as obras dos accesos “condicionan o cronograma de execución” da construción da nova estación de autobuses, que levará a cabo a administración autonómica.

Finalmente, Francisco Menéndez lamentou a “falta de disposición para mellorar a intermodalidade entre as estacións de bus e de tren”, e pediu que se analice a proposta da Xunta para facilitar a chegada á terminal ferroviaria a través da vía verde que está previsto que se complete polas antigas vías do tren desde Redondela.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...