InicioSucesosAtropelan un policía que regulaba o tráfico tras un accidente en Vigo

Atropelan un policía que regulaba o tráfico tras un accidente en Vigo

Nese sinistro resultou lesionado un ciclista.

PUBLICADO O

A colisión entre un turismo e un ciclista en Vigo saldouse con dúas persoas feridas: por unha banda o condutor da bicicleta e, por outro, un axente da Policía que foi atropelado cando facía labores de regulación do tráfico na zona do sinistro.

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron á primeira hora do martes, cando unha dotación do 092 se desprazou ao cruce de Buenos Aires con Sanjurjo Badía, onde se produciu un choque entre un coche e unha bicicleta.

Un dos axentes que acudiu á zona e que facía labores de regulación do tráfico foi atropelado por un vehículo, polo que o incidente se saldou con dous feridos: o axente e o ciclista, que foron trasladados a un centro médico, ambos con prognóstico reservado.

A Policía Local de Vigo destacou que este episodio pon de manifesto, por unha banda, o “notable incremento” de ciclistas pola vía pública, así como o aumento tamén no número de vehículos en circulación, coa activación da fase 1 na desescalada das medidas de confinamento (decretadas polo estado de alarma ante a pandemia de coronavirus). “Tanto uns (ciclistas) como outros (condutores de coches) conflúen nas vías urbanas, que non se viron notablemente ampliadas”, apuntaron fntes policiais.

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da incoación de denuncia por un suposto delito contra a seguridade viaria en relación cun condutor que foi interceptado na confluencia das rúas Xílgaro e Martín Lago. O home, de 32 anos de idade, ía ao volante dun turismo, a pesar de carecer de permiso de conducir.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...