InicioSociedadeVigo é unha das cidades que máis probas concentra na primeira onda...

Vigo é unha das cidades que máis probas concentra na primeira onda do estudo do Sergas

A área sanitaria compostelá inicia a súa participación co estudo con 25 mostras, todas negativas

PUBLICADO O

Vigo, A Coruña e Ourense concentrarán máis probas de entre as sete cidades galegas na primeira onda do estudo epidemiolóxico do Sergas que comezou este xoves para coñecer os niveis de inmunidade ao coronavirus de COVID-19 da poboación de Galicia.

Segundo informou o Sergas nun comunicado, nas sete grandes cidades galegas a realización de probas desta primeira onda será de 4.800 en Vigo, 3.500 na Coruña, 2.800 en Ourense, 2.150 en Lugo, 1.900 en Pontevedra, 1.650 en Santiago e 1.500 en Ferrol.

O Sergas explicou que deseñará, nesta primeira fase, un mapa epidemiolóxico de Galicia a través de dúas mostras de 50.925 persoas distribuídas entre as diferentes comarcas e concellos galegos.

Deste xeito, o IGE de modo aleatorio seleccionou en primeiro termo un mínimo de 600 persoas en 38 áreas territoriais que agrupan a todas as comarcas e distribuíu proporcionalmente os restantes test segundo a densidade de poboación, ata as 50.925 mostras.

MEDIDAS

En relación aos test, as mesmas fontes aclaran que se o resultado deste é negativo e o paciente está asintomático “non deberá adoptar ningunha medida extraordinaria”. Pero, se ten síntomas, aínda que o resultado sexa negativo, “estará en illamento durante 14 días e realizaráselle o PCR se cumpre condicións”.

“Se é unha persoa con síntomas suxestivos de COVID-19 e o resultado do test é positivo, o médico indicará o seu illamento e a procura de contactos”, puntualizan as mesmas fontes.

Mentres, cando a persoa non teña síntomas e o test sexa positivo, insistirase para detectar se tivo tose ou algún problema respiratorio nos 14 días anteriores, para saber “se é preciso illala e buscar contactos”, aclararon. “Se foi anterior considerarase que a infección xa está superada e curada”, abundaron.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...