InicioVigo e contornaVigoDetido un home por tentar agredir cun pau a un militar da...

Detido un home por tentar agredir cun pau a un militar da BRILAT despregado en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo onte a un home de 54 anos de idade, de nacionalidade española, por un delito de Atentado contra a autoridade.

Os feitos tiveron lugar ás 15:00 horas cando un home que camiñaba pola praza de América achegouse armado cun pau cara ao responsable militar da Brilat de xeito ameazante.

Segundo o relato da policía nacional, este ordenoulle que gardase a distancia de seguridade debido ao Estado de Alarma e a alerta sanitaria polo virus COVID-19.

Ante a negativa desta persoa para separarse reiteroullo varias veces, pero lonxe de facer caso continuou coa súa actitude á vez que aumentaba o ton ameazante.

Outros dous membros da Brilat que permanecían na praza achegáronse para tentar acougar a este home, respondendo este de maneira violenta, dándolle un forte empuxón ao primeiro deles á vez que tentaba golpear ao segundo co pau, tras o cal emprendeu a fuxida cara a un Centro Comercial próximo.

Mentres isto sucedía dábase aviso á Sala Operativa do 091 que enviou dúas dotacións ,que formaban parte do Dispositivo Especial, ao Centro Comercial.

Instantes máis tarde localizábase a este individuo no interior e procedíase á súa detención e traslado a dependencias policiais.

Xa en Comisaría tomóuselle declaración e realizouse unha consulta das bases de datos na que se confirmou que xa contaba con 33 antecedentes policiais anteriores.

A detención foi levada a cabo por axentes do Grupo de Atención ao cidadán da Brigada de Atención ao Cidadán, pertencente á Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela, pasando todo o actuado ao dispor do Xulgado de instrución de Vigo, en funcións de garda.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...